As Pontes, 21 de novembro| O Concello volvía promover unha campaña de carácter transversal en todo o país para amosar, a traverso da cor negra, a repulsa á violencia machista, na semana en que se conmemora o Día internacional contra a violencia sobre as mulleres.

Esa efeméride que chegará o sábado, pero xa toda a semana, os establecementos comerciais hostaleiros e empresas, vanse sumar colocando carteis en contra desta lacra social, o que xa podemos ver nestes días en moitos espazos públicos.

Un cento de establecementos, así como asociacións e clubes deportivos, sumáronse xa a esta campaña no noso Concello, co obxectivo de sensibilizar e visibilizar as violencias machistas.

O venres lerase un manifesto consensuado entre todas as formacións políticas locais con representación municipal, no Salón de plenos. Este acto é aberto e convídase á cidadanía a achegarse amosar o seu apoio.