As Pontes, 25 de abril de 2022. O pleno do Concello das Pontes aprobou, a semana pasada, coa abstención do PP, o prego de contratación do servizo de xestión da piscina municipal, cun valor estimado de 2,87 millóns de euros.

O contrato, que terá unha duración de catro ano, prorrogables un ano máis, ten por obxecto a xestión integral da piscina municipal así como o suministro de todos os consumibles (gas, electricidade, outros) necesarios para o correcto funcionamento da instalación deportiva municipal actual como das que se poidan incorporar.

Desde o Concello apunta que este contrato responde ao “compromiso da administración local co fomento, promoción e difusión do deporte, especialmente na ideade escolar así como coa obriga de facilitar alternativas e medios para a práctica de actividades físicas, en condicións óptimas, co obxectivo esencial de mellorar a condición física e a calidade de vida da veciñanza, a través da promoción de hábitos saudables”.

Entre os servizos que deberán prestar a empresa adxudicataria se atopa o mantemento e conservación das edificacións e dos equipamentos deportivos, garantizando o servizo cos axeitados niveis de confort higrométrico e acústico, a atención e información ao público sobre todos os servizos que se prestan nas instalacións, a atención ao público en vestiarios e equipamentos deportivos, a limpeza do edificio, equipamentos, salas e outros espacios, a vixilancia e control de todas as instalación, a recaudación de abonos e todo tipo de contraprestacións polas actividades realizadas e a recaudación dos cobros polos servicios prestados así como a contratación e xestión do persoal necesario para a prestación dos servizos.

A empresa que resulte adxudicataria do concurso, asumirá a organización e funcionamento da piscina e de outras instalacións paralelas ao complexo, así como a realización de actividades deportivas, recreativas (ximnasio, aerobic, musculación e cardio) e de ensinanza e promoción da natación (cursos de iniciación e perfeccionamento, curso para bebés, cursos de natación escolar, natación terapéutica, iniciación a natación deportiva, etc.) para as cales deberá definir programas nos que figuren información sobre contidos, metodoloxía, temporalización, recursos necesarios así como información sobre os mecanismos de avaliación e control de ditas actividades.

Ademáis destes servizos técnicos, deportivos e recreativos, a empresa adxudicataria tamén deberá prestar servizos como médico, fisioterapeuta, ludoteca, rehabilitación de lesións ou asesoramento ás persoas usuarias e deberá prestar ademáis o servizo de socorrismo e primeiros auxilios.

En relación á limpeza, a empresa adxudicataria será a responsable da limpeza interior e exterior da instalación, realizando un mantemento diario de vestiarios, caminas, chan, taquillas, aseos, oficinas e zonas de paso. Unha vez á semana limparanse as paredes, alicatas, teitos, mamparas e puntos de luz interiores, os elementos metálicos limparanse cada 15 días mentres que as condución de climatización, os cristais exteriores se limparán unha vez ao mes e trimestralmente levarase a cabo unha limpeza especial de pavimentos, mobiliario, paredes, portas, fiestras, lámpadas, cromados e equipamento, entre outros elementos.

O mantemento xeral da instalación tamén será responsabilidade da empresa adxudicataria encargándose, entre outros, dos seguintes traballos: electricidades, pintura, fontanería, albanelería, carpintería, xardinería ou mantemento da maquinaria de musculación, tendo que facer, durante o primeiro ano, un investimento de 34.825 para mellorar o equipamento no aportado polo Concello, adquisición de material o calquera outro ben necesario para o desenvolvemento das actividades.