As Pontes, 25 de xaneiro de 2024O Concello das Pontes repartirá 1.575 euros no concurso de cestas da XLIII Feira do Grelo que se celebrará o día 11 de febreiro

As persoas interesadas en participar deben ter como mínimo 16 anos e teñen que inscribise o domingo, 11 de febreiro, na carpa instalada na Praza de América, desde as 08:00 ás 10:00 horas. Só se admitirá un/ha concursante por unidade familiar

Os grelos deberán presentarse en cestas que deberán conter, como mínimo, 10 madas, condición sine qua non para poder participar e a partir das 10:00 horas, o xurado  comezarán a realizar o reconto das cestas concursantes e a súa valoración.

O concurso rematará ás 11:30h coa entrega de premios na Praza de América. Concederanse tres premios á calidade do premio, un primeiro premio de 400 euros, un segundo de 300 euros e un terceiro valorado en 200 euros. Ademais haberá 5 accéstis de 75 euros cada un deles.

Haberá un Premio Especial “Alexandre Pérez Sindín” á cesta mellor adornada., valorado en 300 euros e que recibirá tamén unha peza de artesanía doada pola Asociación Amigos da Madeira.

BASES: DESCARGAR