As Pontes, 3 de xaneiro de 2023. A xunta de goberno local do Concello das Pontes aprobou o proxecto para a construción dunha galería cuberta nas actuais instalacións do campo de tiro con arco, asentado no Pobado das Veigas.
O proxecto, cun orzamento de 211.000 euros, con cargo a fondos propios, permitirá a execución dunha nova instalación que se localizará no extremo final da actual zona de tiro para, deste xeito, investir o sentido da mesma e evitar que á luz do atardecer afecte á visibilidade dos arqueiros.
Desde o Concello das Pontes apuntan que “esta actuación permitirá mellora as condicións de adestramento dos deportista que integran o Club Silex, no que se formaron importantes figuras do tiro con arco, entre as que destacan os olímpicos Miguel Alvariño e Daniel Castro, ademais de permitir ampliar os horarios de adestramentos e poder poñer en marcha competicións de carácter oficial”.
As actuais instalacións están conformadas por nunha zona exterior de tiro de algo máis de 90 metros de longo pechada con sebes e un tramo de valo de madeira. No extremo nordés desta zona de tiro existe unha cuberta duns 30 metros de longo onde os seteiros poden gorecerse parcialmente das inclemencias meteorolóxicas e adestrar o tiro en distancias curtas.
O proxecto aprobado prevé a execución dunha nave cuberta e pechada, que servirá de almacén para os parapetos das dianas e outros útiles de tiro e cuxa cuberta se prolongará catro metros para xerar un soportal onde poder adestrar, ao aire libre, completamente protexidos das as condicións meteorolóxicas adversas.
Construirase tamén unha nova soleira que servirá como liña de tiro exterior para poder organizar competicións oficiais, localizada a 90 metros da zona cuberta que existe na actualidade.
El volumen construido tendrá una cubierta a un solo agua en caída hacia la zona del porche sendo a superficie útil de la nave almacén interior de 261 m2 e a do porche exterior cuberto de 101 m2.