As Pontes, 12  maio de 2021.  A praia do Lago das Pontes contará por primeira vez, desde a súa inauguración no ano 2012, cunha bandeira azul, galardón que concede cada ano a Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor  (Adeac) e que recoñece a calidade ambiental do areal pontés

Elena López, concelleira de Turismo, amosa a súa satisfacción pola obtención deste recoñecemento, que “nos sitúa no mapa internacional do turismo, marca un punto de inflexión para o noso municipio e implica converte a praia do lago das Pontes, a primeira praia interior da provincia da Coruña e a segunda de Galicia en recibir este galardón, nun símbolo de eco-calidade turística recoñecido en máis de sesenta países de todos os continentes”

“Este galardón compromete ao Concello das Pontes a manter uns estándares de calidade baseados nun estritos criterios ambientais, educativos, de seguridade e accesibilidade que supoñen unha garantía para toda a veciñanza e para as persoas visitantes que se achegan ata a praia do lago” engade a concelleira de Turismo.

Para acadar estar bandeira azul o Concello das Pontes tras amosar o seu interese nesta acreditación e recibir a visita unha inspectora da Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor  (Adeac), quen subliñou as posibilidades do areal pontés para recibir este recoñecemento, a concellería de Turismo presentou, no mes de novembro de 2020 a candidatura oficial acompañada dun dossier xustificativo da súa proposta así como unha completa memoria de actividades e información sobre a praia do lago.

Elena López, avanzou que “a partir deste concesión, a praia do lago de As Pontes deberá someterse a un esixente protocolo de seguimento e avaliación. Desde o Concello das Pontes levaremos a cabo todas as actuacións necesaria para cumprir con todos os requisitos que esixe a Adeac para manter este distintivo que avala a importancia de potenciar o noso lago como recurso turístico e os valores medio ambientais do noso municipio”