As Pontes, 18 de outubro de 2023. O Concello das Pontes investirá preto de 86.000 euros, procedentes da Deputación da Coruña, no proxecto básico e de execución de renovación da Rúa Real.

Esta actuación permitirá a reforma do firme así como a mellora da iluminación co fin de manter, conservar, mellorar e poñer en valor unha vía pública de gran valor histórico, optando pola mesma solución estrutural e estética desenvolvida na primeira fase e noutras zonas da Vila.

Así, procederase á renovación do pavimento e a súa base de asentamento, manténdose a configuración existente en canto a cotas, rasantes, rexistros, desaugadoiros, accesos, chanzos e instalacións. No que respecta á iluminación, instalaranse balizas que complementarán a iluminación existente dando continuidade aos instalados na rúa anexa.