As Pontes 28 de xuño de 2022. O Concello das Pontes, tras acometer, no ano 2019, as obras de mellora de servizos e seguridade viaria na marxe esquerda da AC 564 ao seu paso por Goente, ten previsto continuar coa mellora deste viario co execución dun proxecto de características similares na súa marxe dereita.

O proxecto, cun orzamento de 150.658 euros, con cargo á Deputación da Coruña, permitirá á reposición dos actuais servizos de saneamento, abastecemento e iluminación así como a mellora da beirarrúa existentes, entre o punto quilométrico 17,200 e o 17,800.

A nova rede de saneamento incluirá a execución dunha rede de pozos de acometida e pozos de rexistro mentres que a rede de abastecemento desdobrarase. Por un lado estará a liña procedente da rede municipal, desde o inicio da actuación ata a conexión co ramal de estación de bombeo e, en paralelo, discorrerá unha liña de repartición desde a cal se realizarán as acometidas domiciliarias mediante as válvulas correspondentes. As obras completaranse coa instalación da canalización da iluminación pública, con arquetas de rexistro.

Por outra banda, a reposición das beirarrúas existentes contémplase como unha mellora da seguridade coa que se regularizará e ampliará, non lugares non que sexa preciso, para deste xeito cumprir coa normativa vixente en materia de accesibilidade e seguridade.

Construirase unha unha beirarrúa de formigón continúo, sen bordo prefabricado, armada con malla como reforzo, dándolle un acabado picado anti escorregadizo, con achega de cuarzo e colorante da mesma cor que a beirarrúa da marxe esquerda. Os pasos de peóns pavimentaranse segundo a regulamentación, con baldosas de tipo botón e direccionais e respecto ás pendentes.

A obra rematará coa sinalización horizontal necesaria de pasos de peóns, colocación de sinais, e do mobiliario urbano.