As Pontes, 25 de novembro de 2020. O pleno do Concello das Pontes aprobou, tras a adhesión do municipio ao Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía, o pasado 22 de maio, o Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sustentable (PACES) no que definen as liñas estratéxicas, a través das que o municipio, buscará impulsar a loita contra o cambio climático.

O documento, elaborado pola FAEPAC, ao amparo dunha subvención concedida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder 2014-2020, recolle todas as accións que, desde o Concello das Pontes, se propoñen co obxectivo de reducir un 40% as emisións de gases de efecto invernadoiro ata o ano 2030, a través da mellora da eficiencia enerxética e dun maior uso de fontes de enerxía renovables.

Nese sentido, o plan busca reducir os consumos de combustibles fósiles, promover o o aforro e a eficiencia enerxétic, a transición cara ó uso de enerxías renovables e o autoconsumo a través dun conxunto de medidas orientadas a reducir o consumo enerxético municipal aumentando a súa eficiencia, realizando ao mesmo tempo unha aposta pola mobilidade sostible, fomentando a produción de enerxías renovables, desenvolvendo unha planificación territorial sostible e colaborando coa cidadanía na creación de hábitos enerxeticamente máis eficientes.

Así, o PACES das Pontes contempla un total de 46 medidas de mitigación e/ou adaptación e aumetno da resulencia do Concello ante o cambio climáticomedidas, algunhas delas xa postas en marcha. Entre as de mitigacion destacan aquelas que afectan aos equipamentos e edificios municipais, a través de melloras no aforro e a eficiencia enerxética de edificios municipais, da cualificación enerxética de edificios municipais, dun programa de mantemento de equipamentos e infraestruturas municipais ou do incremento na eficiencia dos sistemas de iluminación pública, entre outras.

Inclúe tamén accións no ámbito da xestión municipal por medio da elaboración de ordenanzas en materia de construción, eficiencia enerxética e enerxías renovables. Tamén se contemplan accións no transporte coa posta en marcha dun Plan de Mobilidade Urbana Sostible ( PMUS), o uso municipal de vehículos máis eficientes e instalación dun punto de recarga ou a promoción uso de bicicleta e transporte a pé.

No ámbito doméstico o PACES das Pontes propón accións orientadas á redución da demanda enerxética nos fogares, á loita contra a pobreza enerxética así como a posta en marcha dun servizo de asesoramento enerxético e cambio climático. Por outra banda no ámbito da xestión

dos residuos proponse a mellora da recollida selectiva de envases lixeiros no sector servizos, o fomento da compostaxe doméstica e a dinamización da Ecoescola das Campeiras.

Finalmente o documento tamén inclúe accións relacionadas co medio ambiente ou a diversidade tales como o fomento do consumo/produción do produto de proximidade, a creación de campañas de sensibilización para a diminución da produción de residuos en espazos naturais ou o fomento do deporte na contorna do Lago das Pontes e a aposta polos recursos turísticos sostibles.

O plan vai a ser revisado bianualmente co obxectivo de avaliar o grado de cumprimento das accións que se propoñen para introducir as correccións precisas ou engadir novas medidas para acadar os obxectivos propostos.

O Concello das Pontes apunta que “trátase dun documento vivo, que require da participación da veciñanza; se ben é certo, debido a situación sanitaria provocada polo Covid 19, non puidemos levalo a cabo tal e como tíñamos ideado, facendo reunións cos distintos axentes sociais nas que explicar as accións que se propoñen pero, en canto se poida, faremos esas reunións para que todos os veciños e veciñas poidan participar e ser coñecedores deste documento”.