As Pontes, 31 de outubro| Tralo éxito, a pasada fin de semana, da XXVIII Feira de Fungos e Cogumelos, As Pontes renderá homenaxe nuns días á cervexa artesá, da man da terceira edición da Feira Cultural da Cervexa Artesá.

A carpa instalada na Avenida da Coruña acollerá este evento que se desenvolverá durante o venres e mailo sábado, onde poderemos desfrutar de diferentes cervexas artesás vidas de toda Galicia, entre elas a Estrela Pontesa.

Por suposto, tamén haberá postos de comida, degustación gratuíta de castañas para festexar o samaín ou paella e ata música, cos concertos o venres da formación On Fire e xa o sábado dos Zentholos e Sin Tron Ni Son.

Asemade, haberá un agasallo para os que se acheguen en moto a esta cita, xa que recibirán unha degustación gratuíta da Estrela Pontesa.