As Pontes, 31 de outubro| Prazo de presentación de solicitudes: do 3 ao 10 de novembro, de 8:30 a 14:00 h no Departamento de Servizos Sociais (2º andar da Casa Dopeso).
Documentación a presentar:
- Fotocopia da Declaración da Renda ou Certificado Negativo emitido por Facenda do último ano.
- Xustificantes económicos de todos os membros da unidade familiar: INEM, contratos de traballo, nóminas, recibos de pensións …
- No caso de non poder presentar documentación do punto anterior, declaración xurada da situación económica da familia
- Movementos bancarios de todas as contas dos últimos 6 meses
- Último recibo de alugueiro ou hipoteca
- Se é o caso, fotocopia da sentencia de separación ou divorcio, convenio regulador, demanda de impago de pensión, ect.