As Pontes, 31 de outubro| O programa Cinemas de Galicia regresa este venres á nosa vila, neste caso ás dependencias da Casa Dopeso.

Alí, o vindeiro día 3 poderemos desfrutar do thriller Elle, unha producción francesa dirixida por Paul Verhoven na que a protagonista é unha muller vítima dun asalto no seu fogar. De feito, tras ser atacada sexualmente, a protagonista nin chama á policía nin tan sequera chora, tan só limpa o lugar dos feitos e comeza a idear a súa vinganza.

Baseada na novela Oh…, do autor francés Philipppe Dijan, Elle está protagonizada por Isabell Huppert, Laurent Lafitte e Charles Berling. A proxección arrincará ás 21.00 horas e, como é habitual, as entradas terán un prezo de tan só 3 euros.