As Pontes, 9 de novembro de 2021. O Concello das Pontes acolleu, esta mañá, unha parada da iniciativa “O camiño da innovación”, unha proposta itinerante do goberno autonómico que percorrerá as catro provincias galegas co obxectivo de prestar asesoramento ás pemes e dar a coñecer as oportunidades da innovación, como peza chave para aumentar a competitividade e medrar.

O alcalde, Valentín González Formoso, durante un encontro no que se presentaron tres exemplos de pemes innovadoras da comarca  e no que participaron o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, a directora da Axencia Galega de Innovación (Gain) Patricia Argarey e máis de 30 empresarios e empresarias locais, subliñou a importancia desta iniciativa “nunha vila que precisa reinvertarse e que traballa nese obxectivo desde fai anos. Ter soporte da Xunta de Galicia nun ámbito tan estratéxico, como é o da innovación, supón unha oportunidade para o noso tecido productivo e industrial”

Durante esta parada, o trailer do “Camiño da Innovación” ofreceu asesoramento personalizado a pemes por parte do persoal técnico de Gain para analizar as oportunidades de innovar e establecer follas de ruta para poñer en marchas estratexias e técnicas de innovación.