O Concello das Pontes abrirá este venres, 27 de agosto, ás 11 horas,  un novo tramo da Senda da Memoria que foi bautizado como ‘Tramo da Vilavella’ en homenaxe aos lugares e ás xentes que alí viviron antes de que a explotación mineira comezase a súa actividade.

Este novo tramo ten un percorrido de 1,5 quilómetros e vai desde a entrada do Lago cara á esquerda, chegando ata a canle de exceda do río Eume. Colocáronse bancos ao longo do itinerario e instalouse un panel interpretativo da antiga rotopala, que se pode apreciar desde a propia senda.

Desde o Concello lembran a importancia de levar os cans atados e de respectar o medio xa que a canle de exceda é zona de cría de aves e anfibios polo que estamos a falar dun espazo de vital importancia para a preservación da biodiversidade.

A concelleira de Turismo, Elena López, convida a todos os veciños, veciñas e visitantes a “que se acheguen ao Lago para redescubrir un lugar chave do patrimonio industrial do pasado da nosa vila e que ten un gran valor medioambiental no presente”.