As Pontes, 29 de setembro de 2023. O Concello das Pontes abre o martes, 3 de outubro, o prazo de matriculación nas escolas deportivas municipais infantís.

Para o curso 2023-2024, o departamento de Deportes ofrece un total de 10 disciplinas deportivas atletismo, baloncesto, hóckey a patíns, escalada en rocódromo, king boxing, patinaxe, tenis, ximnasia rítmica, tiro con arco e vela.

Todas as familias interesadas en inscribir aos seus fillos o fillas nas escolas municipais deportivas infantís poderán facelo a través do correo electrónico [email protected] ou presencialmente no departamento de Deportes (1º planta Casa Consistorial),a partir do martes, 3 de outubro, ás 09:00 horas, achegando en ambos casos a ficha de inscrición e o xustificante de pago da taxa.

As taxas poderán abonarse no Servizo de Recadación Municipal (Avd. de Castelao, 36), ou no número de conta ES68 2080 5200 3631 1000 2701, deixando constancia do nome e apelidos do alumno/a e o nome da escola deportiva na que se matricula

O custo total de cada actividade, para todo o curso, será de 40 € a primeira matrícula da unidade familiar, 30€ a segunda matrícula da unidade familiar na mesma escola, 20 € a terceira matrícula da unidade familiar na mesma escola de serán de balde a cuarta matrícula e sucesivas.

Así mesmo terán unha redución do 50% as familias numerosas, concepto que ven recollido e regulado no Real Decreto 1621/2005, de 30 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 40/2003, de 18 de novembro, de protección ás familias numerosas. Neste caso deberase presentar a acreditación correspondente.

IMPRESO SOLICITUDE INSCRICIÓN : DESCARGAR