As Pontes, 30 de setembro de 2022. O Concello das Pontes abre, a partir día lunes, 3 de outubro,  o período de inscrición nas escolas municipais deportivas para persoas adultas.

O departamento de deportes habilitará tres vías para realizar a inscrición; de forma telemática, a través da sede electrónica ou do e-mail do departamento ([email protected]), e de forma presencial, no primeiro piso da casa consistorial e só se admitirá unha solicitude por persoa.

A inscrición para participar nas escolas de mantemento físico e de ximnasia para a terceira idade realizarase o luns, a partir das 09:00 horas, en aerobic a inscrición realizarase o martes a partir tamén das 09:00 horas e no caso de pilates a inscrición deberá realizarse o mércores, 5 de outubro a partir da mesma hora

A admisión nas escolas deportivas virá determinada pola data e hora de presentación das presincripcións, ata completar o número de prazas. Unha vez cotexados os rexistros de preinscripción, desde o departamento de deportes confirmarase, por vía teléfonica, a praza, quedando deste xeito formalizada a inscrición.

Este ano, os grupos quedarán limitados a un máximo de 15 persoas e as clases impartiranse novamente na Caseta do Polbo e terán unha hora de duración.

Este ano impartiranse clases de mantemento físico, os luns e os mércores, en horario de mañá (de 11:00 a 13:00 horas) e de tarde (de 17:00 a 18:00 horas) e os martes en horario de tarde (de 17:00 a 18:00 horas).

As clases de ximnasia para a terceira idade impatirasen tamén os luns e mércores en horario de mañá (de 09:00 a 11:00 horas) e os martes e xoves en horario de tarde, de 19:00 a 20:00 horas.

As clases de aerobic impartiranse os martes en horario de mañá (de 09:00 a 11:00 horas) e en horario de tarde (de 20:00 a 22:00 horas)

As clases de pilates desenvolveranse os martes e xoves, tanto en horario de mañá (de 11:00 a 13:00 horas) e de tarde, os luns e os mércores, de 18:00 a 21:00 horas e os martes e xoves de 18:00 a 19:00 horas.

FOLLA DE INSCRICIÓN: DESCARGAR