As Pontes, 30 de setembro de 2022.  O Concello das Pontes, tras dous anos de parón por mor da pandemia da COVID19, recupera a actividade das escolas deportivas municipais infantís e abre o prazo de inscrición o luns, 3 de outubro

Para o curso 2022-2023 o Concello das Pontes ofrece un total de 10 disciplinas deportivas atletismo, baloncesto, hóckey a patíns, king boxing, patinaxe, ximnasia rítmica, psicomotricidade, vela, tenis, e tiro con arco.

Todas as familias interesadas en inscribir aos seus fillos o fillas nas escolas municipais deportivas infantís poden facelo no departamento de Deportes, na primeira planta da Casa Consistorial,  en horario de 09:00 a 14:00 horas, a partir deste luns.

O custo total de cada actividade, para todo o curso, será de 40 € a primeira matrícula da unidade familiar, 30 € a segunda matrícula da unidade familiar na mesma escola, 20 € a terceira matrícula da unidade familiar na mesma escola de serán de balde a cuarta matrícula e sucesivas.

Así mesmo terán unha reducción do 50% as familias numerosas, concepto que ven recollido e regulado no Real Decreto 1621/2005, de 30 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 40/2003, de 18 de novembro, de protección ás familias numerosas. Neste caso deberase presentar a acreditación correspondente.

Cada alumno/a cubrirá unha folla de inscrición por cada actividade que desexe realizar e considerarase inscrito/a unha vez teña entregado no Departamento de Deportes o impreso de inscrición selado polo banco ou polo servizo de recadación do Concello.

FOLLA DE INSCRICIÓN: DESCARGAR