As Pontes, 9 de marzo de 2020. O Concello das Pontes abre mañá, 10 de marzo o prazo de solicitudes para o banco de alimentos (marzo 2020)
As persoas interesades poden presentar as súas solicitudes do 0 ao 17 de marzo, de 8:30 a 14:00 horas, no Departamento de Servizos Sociais (2º andar da Casa Dopeso) e deberán presentar a seguinte documentación:
- Movementos bancarios dos últimos 6 meses de todas as contas da unidade familiar.
- Último recibo de alugueiro ou hipoteca (se é o caso).
- Fotocopia da sentencia de separación ou divorcio, convenio regulador, demanda de impago de pensión, etc.
- Última declaración do IRPF, ou Certificado de imputacións (no caso de non facela), ou xustificantes económicos de todos os membros da unidade familiar: INEM, contratos de traballo, nóminas, recibos de pensións …
- No caso de non poder presentar documentación do punto anterior, declaración xurada da situación económica da familia.
Solicitude