As Pontes, 19 de xuño de 2020. O Concello das Pontes abre o luns, 22 de xuño, o prazo de solicitudes para o banco de alimentos (xuño 2020)

As persoas interesadas poden presentar as súas solicitudes do 22 ao 26 de xuño, de 8:30 a 14:00 horas, no Departamento de Servizos Sociais (2º andar da Casa Dopeso) e deberán presentar a seguinte documentación:

  1. Movementos bancarios dos últimos 6 meses de todas as contas da unidade
    familiar.
  2. Última declaración do IRPF, ou Certificado de imputacións (no caso de non facela),
    ou Xustificantes económicos de todos os membros da unidade familiar: INEM,
    contratos de traballo, nóminas, recibos de pensións …
  3. No caso de non poder presentar documentación do punto anterior, declaración
    xurada da situación económica da familia.
  4. Último recibo de alugueiro ou hipoteca (se é o caso).
  5. Fotocopia da sentencia de separación ou divorcio, convenio regulador, demanda
    de impago de pensión, etc.(se fora o caso)

Documentación e solicitude