As Pontes, 26 de febreiro de 2020. O concello das Pontes abre mañá un novo proceso seclectivo, exclusivo para DIPLOMADO/A EN TRABALLO SOCIAL, ASISTENTE SOCIAL e GRADUADO/A en TRABALLO SOCIAL para a contratación dun educador/educadora familiar coa publicación, no Bolentín Oficial da Provincia da Coruña e a páxina web do Concello, das bases que rexerán esta convocatoria de emprego público.

O obxecto da convocatoria e a selección dunha persoa funcionaria interina e a constitución e funcionamento dunha lista de agarda para contratar a un educador/a familiar para desenvolver o programa de emerxencia social e inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, actividade subvencionada pola Consellería de Política Social.

As solicitudes poderán presentarse desde o 27 de febreiro ata o 11 de marzo, ambos días incluídos, no Rexistro Xeral do Concello en horario de 8.30 a 14.00 horas (de luns a venres). Tamén poderán presentarse por calquera dos medios admitidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas (LPACAP).

Para obter máis información consultar os BOP 19 do 29 de xaneiro e 38 do 26 de febreiro de 2020 ou a páxina web do Concello https://concello.aspontes.org/anuncio/seleccion-educador-a-familiar-novo-prazo-de-solicitudes-limitado-a-titulacions-de-traballo-social/