As Pontes, 23 de maio de 2023. O Concello das Pontes abre hoxe o prazo de presentación de solicitudes para participar nos obradoiros de verán da E.I.M A Barosa.

Os obradoiros desenvolveranse durante o mes de agosto, en horario de 08:00 a 14:00 hora, inclúen servizo de comedor, e están dirixidos ao alumnado que xa asiste á escola infantil municipal no presente curso.

As familias interesadas en inscribirse nestes obradoiros, xunto coa solicitude de inscrición deberán achegar a seguinte documentación:

  • Certificado da Empresa dos pais/nais conforme se está traballando e non en período de vacacións. As persoas autónomas deberán achegar unha fotocopia do último recibo de autónomos.
  • No caso de estar realizando cursos de formación, será preciso un certificado da entidade que imparte a formación.
  • Declaración xurada de estar traballando no servizo doméstico cuxa valoración será realizada polo departamento de Servizos Sociais.

A instancia, que se poderá solicitar na escola infantil, deberá presentarse desde o 23 de maio ata o 2 de xuño, ambos incluídos, no Rexisto Xeral do Concello de As Pontes, previa cita nos números de teléfono 667129388/667129389

As familias con nenos/as que non gozaron dun mes de vacacións no curso escolar (desde setembro/22 a xullo/23), non poderán facer uso do servizo de obradoiros de verán, xa que os nenos/as deben gozar dun mes de vacacións durante o curso escolar, a non ser que circunstancías xustificadas o impidan.

SOLICITUDE: DESCARGAR