[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]

No día de hoxe está prevista unha xuntanza de todos os grupos político coa concelleira de Benestar Social, Isabel Fornos, co obxectivo de consensuar una Declaración Institucional co motivo da celebración a nivel internacional, o día 25 de Novembro, do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.

 Coma cada ano, o Concello de As Pontes vai involucrar a veciños e veciñas de todas as idades na loita para erradicar a violencia machista, unha lacra social que terá o seu máximo expoñente o vindeiro día 25, no que se conmemora, a nivel internacional, a loita contra a violencia contra a muller.

Dende a concellería de Benestar Social xa están a desenvolver, nestes días, diferentes actividades dirixidas a concienciar a ponteses e pontesas da importancia de educar para erradicar esta lacra social e que, a día de hoxe, se cobrou a vida de medio cento de mulleres no que vai de ano.

Un dos colectivos prioritarios destas campañas son os máis novos, os escolares que serán os homes e mulleres do futuro e para eles púxose en marcha o concurso de microrrelatos ” e decatouse de que os celos non son amor“.

Un total de 31 traballos pertencentes a alumnos e alumnas de 6º de primaria dos catro centros educativos da nosa vila participaron neste certame e que, nos vindeiros días, dará vida a un proxecto audiovisual, xa que o relato gañador converterase nun videoconto que protagonizarán os propios estudantes e no que, por suposto, o eixo central será a visualización da violencia de xénero entre os máis novos, as falsas crenzas sobre os ciumes, os factores de risco que indican que unha relación non é sa e a capacidade dos adolescentes para facerlle fronte ás relacións apoiadas na presión e no control.

Representantes das AMPAS de todos os centros educativos da nosa vila, da asociación de viudas María Magdalena, da asociación das Amas de Casa, a directora do Centro de Información á Muller, Maca Rego e a concelleira Isabel Fornos integraron o xurado que, o pasado luns, se daba cita na Casa Dopeso para escoller o microrrelato gañador, texto que se gravará a vindeira semana.

Ademáis de darlle vida a esta historia, tamén se recoñecerán outros dous relatos presentados a concurso que ocuparán o segundo e terceiro posto e que recibirán unha homenaxe nun acto oficial que aínda non ten data de celebración. De feito, neste mesmo día farase entrega do premio á clase gañadora que consistirá nun cheque de 50 euros en material escolar e que tamén percibirán os relatos que rematen no segundo e terceiro posto, segundo a valoración do xurado.

Pero aquí non quedan as actividades municipais organizadas con motivo do 25 de novembro xa que, este mesmo mediodía, tiña lugar a gravación da coreografía que levará por título Pinta tu mundo de naranja. Deja tu huella, unha campaña proposta pola ONU e que anima a veciños e veciñas a saír á rúa para protagonizar un flashmob ao son de Nelly Furtado e o seu tema Manos al aire.

 

Hoxe mesmo, nos xardíns do campo da feira gravábase este baile e que poderemos ver e aprender a traverso das redes sociais para que xa, o 5 de decembro, ás 11.30h todos aqueles veciños e veciñas que así o desexen se den cita nos xardíns municipais para participar nesta flashmob en contra da violencia machista.

[/fusion_text][/fullwidth]