As Pontes, 12 de xuño| Durante o mes de xuño a Aula CeMIT porá en marcha dúas novas actividades.  

O día 18 de xuño dará comezo o curso INTRODUCIÓN Ó DESEÑO GRÁFICON CON INKSCAPE. O obxectivo desta actividade é aprender o manexo básico do software Inkscape. Empezando polo uso das ferramentas que proporciona o programa para rematar coa creación de figuras, logotipos e ilustracións. O curso desenvolverase na Aula CeMit (Casa Dopeso) ata o 21 de xuño, en horario de mañá, de 10:00 a 12:00 horas.

A partir do día 25 de xuño e ata 28 de xuño, de 10:00 a 12:00 horas, desenvolverase o curso de INTRODUCIÓN O DESEÑO WEB: HTML E CSS no que os participantes poderán obter coñecementos básicos sobre a programación Web con HTML e CSS 

Para inscribirse nestes cursos ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es.