As Pontes, 20 de maio de 2022. O Concello das Pontes abre o martes o prazo de solicitudes do banco de alimentos.
As persoas interesadas poden presentar as súas solicitudes do 24 ao 31 de maio, de 08:30 horas a 14:00 horas, no Departamento de Servizos Sociais (2º andar da Casa Dopeso) e deberán presentar a seguinte documentación:
-
Movementos bancarios dos últimos 6 meses de todas as contas bancarias da unidade familiar.
-
Última declaración do IRPF, ou Certificado de imputacións (no caso de non facela)
-
No caso de non poder presentar documentación do punto anterior, declaración xurada da situación económica da familia.
-
Último recibo de alugueiro ou hipoteca (se fose o caso).
-
Fotocopia da sentencia de separación ou divorcio, convenio regulador, demanda de impago de pensión, etc.(se fose o caso)