RTVEume|O Conservatorio Profesional de Música de As Pontes vén de abrir o prazo de matrícula para tomar parte nas probas de acceso ao Grao Elemental. Os nenos e nenas, que teñan entre 7 e 14 anos, é dicir os nados entre os anos 2007 e 2001, e interesados en iniciar os seus estudos neste centro teñen unicamente ata este venres para matricularse na proba de acceso. O horario de atención ao público é de 4 a 7 da tarde nas oficinas do Conservatorio, no Poboado das Veigas.

En canto á proba de acceso, está fixada para o xoves 18 de xuño ás seis da tarde.Trátase dunha proba de aptitude que consta de 3 tipos de exercicios para avaliar, en relación coa idade de cada solicitante, a aptitude rítmica, a auditiva e vocal e a aptitude de psicomotricidade.

Saiban tamén que a realización dos exercicios efectuarase de maneira que ningún deles teña carácter eliminatorio.

Para inscribirse, insistimos, o prazo estará aberto ata o venres, en horario de 4 a 7 da tarde.