As Pontes, 18 de Setembro do 2017.

A Concellería de Deportes do Concello de As Pontes acaba de abrir a inscripción para as Escolas Deportivas Municipais para o curso 2017/2018.

As inscricións faranse no Departamento de Deportes (Polideportivo Municipal – Avda. Habana, s/n), de luns a venres de 9 a 14 horas. Consulta o prezo, horarios e condicións de cada actividade no seguinte enlace: DOCUMENTACIÓN

O custo total de cada actividade, para todo o curso, será de:

  • 40 € a primeira matrícula da unidade familia.
  • 30 € a segunda matrícula da unidade familiar na mesma escola.
  • 20 € a terceira matrícula da unidade familiar na mesma escola
  • De balde a cuarta matrícula e sucesivas

Terán unha reducción do 50% no caso de familia numerosa, concepto que ven recollido e regulado no Real Decreto 1621/2005, de 30 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 40/2003, de 18 de novembro, de protección ás familias numerosas. Neste caso deberase presentar a acreditación correspondente.

  • Realizarase un ingreso por alumno/a deixando constancia do nome e apelidos do alumno/a e o NOME DA ESCOLA DEPORTIVA NA QUE SE MATRICULA e na entidade bancaria ou no servizo de recadación do concello terán que selar esta folla de inscrición.
  • Considerarase a unha persoa inscrita unha vez teña entregado no Departamento de Deportes o impreso de inscrición selado polo banco ou polo servizo de recadación do concello. Cada alumno cubrirá unha folla de inscrición por cada actividade que desexe realizar.

De conformidade co disposto na ordenanza fiscal no 11 da “Taxa pola prestación de servizos nas instalacións deportivas, socioculturais e de lecer”, publicada no BOP da Coruña no 114, do 19 de maio de 2007; corrección de erros: BOP no 129 de 6 de xuño de 2007.