[one_full last=”yes” spacing=”yes” center_content=”no” hide_on_mobile=”no” background_color=”” background_image=”” background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” border_position=”all” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding=”” margin_top=”” margin_bottom=”” animation_type=”” animation_direction=”” animation_speed=”0.1″ class=”” id=””][fusion_text]

O Concello de As Pontes vai ceder un local para o seu uso comunitario á AAVV de A Madalena.

Este compromiso vaise ver satisfeito logo de que onte mesmo se asinase a materialización definitiva da compra do local no mesmo barrio.

Logo dun primeiro tento de mercar un inmoble, e que quedara deserto, agora si se pechou a compra dun baixo con dúas entradas independentes e 190 metros cadrados de superficie.

A que será a sé desta AAVV do populoso barrio de A Madalena, entregaráselles acondicionada, tal e como figuraba como requisito no plego do conçcurso público que se resolveu satisfactoriamente, logo da espera que supuxo que tivese quedado deserto na primeira convocatoria.

Cabe tamén salientar que se acadaba un prezo de 125.000 euros, o que rebaixa o tope que había establecido, cunha reserva de 150.000 euros para realizar esta compra.

O Concelleiro de Xestión orzamentaria, Antonio Alonso asinaba onte a compra, polo que agora xa só queda completar os trámites burocráticos para poder efectuar a cesión á agrupación veciñal, na liña do que se veu facendo noutros casos semellantes, nos que dende o goberno local se buscou facilitar o asociacionismo veciñal.

[/fusion_text][/one_full][featured_products_slider picture_size=”fixed” carousel_layout=”title_on_rollover” autoplay=”no” columns=”5″ column_spacing=”0″ scroll_items=”” navigation=”yes” mouse_scroll=”no” show_cats=”yes” show_price=”yes” show_buttons=”yes” class=”” id=””][/featured_products_slider]