[one_full last=”yes” spacing=”yes” center_content=”no” hide_on_mobile=”no” background_color=”” background_image=”” background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” border_position=”all” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding=”” margin_top=”” margin_bottom=”” animation_type=”” animation_direction=”” animation_speed=”0.1″ class=”” id=””][fusion_text]

RTVEume.-  Os departamentos municipais de Deportes e Benestar Social colaboran con esta iniciativa organizada pola asociación Sonrisas Pelonas, que traballa con pequenos enfermos de cancro
O Concello de As Pontes, mediante os departamentos de Benestar Social e Deportes, vai colaborar este sábado coa Masterclass Deportiva Solidaria que, por primeira vez, vai ter como escenario o polideportivo municipal pontés.
A iniciativa, organizada pola asociación coruñesa sen ánimo de lucro Sonrisas Pelonas, que traballa con pequenos enfermos de cancro, arrincará ás 17.30 horas e contará con diferentes actividades deportivas coma zumba, kick boxing e body combat e ata haberá sorteos de diferentes agasallos doados por varios establecementos comerciais ponteses.
Veciños e veciñas de todas as idades poderán participar nesta entretida xornada adicada ao deporte e na que, asemade, será posible colaborar cunha moi boa causa xa que todos os fondos recadados terán como destino a Fundación Andrea, adicada ao apoio de pequenos e pequenas con enfermedades de longa duración, crónicas ou terminais e á compra de roupa, xoguetes e material escolar para os pequenos ponteses que están a pasar por unha mala situación económica.
De feito, as entradas terán un prezo do máis asequible: tan só 3 euros aínda que tamén se habilitará unha fila cero para que, aqueles que non poidan achegarse o sábado ata As Pontes teñan a oportunidade tamén de colaborar con esta causa.
Esta primeira masterclass solidaria contará coa presenza de recoñecidos monitores galegos tanto de zumba coma de body combat, clases nas que poderán participar todos os veciños e veciñas que así o desexen e, namentras que se repoñen folgos, a organización do evento apostará por dúas exhibicións: unha de kick boxing e unha segunda de taekwondo Freestyle.
No tocante aos horarios da xornada, o polideportivo municipal abrirá as súas portas ás 17.00 horas para, trinta minutos máis tarde acoller a primeira exhibición da xornada adicada ao kick boxing . Xa ás 18.00 horas arrincará a clase de body combat trala que será posible desfrutar da exhibición de taekwondo Freestyle e, para rematar, ás 19.00, desenvolverase a clase de zumba, trala que terá lugar o sorteo de agasallos.
Dende o executivo local, animaron a ponteses e pontesas e tamén a veciños dos concellos da contorna a sumarse a esta interesante iniciativa deportiva na que, ademáis de axudar a baixar os primeiros excesos gastronómicos do Nadal, será posible desfrutar dunha entretida tarde de sábado e, por riba, botanto unha man a aqueles que máis o necesitan.

[/fusion_text][/one_full]