[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]RTVEume| A Concelleira de Participación Cidadá e Tenente Alcalde, Montserrat García retomaba esta mañá, en Somede, as reunións coas diferentes Asociacións veciñáis do municipio.

Esta xuntanza, no local social desta agrupación da parroquia de Somede, vai na liña dos contactos regulares e periódicos que, dende o Concello se veñen mantendo co movemento asociativo, co obxectivo de non perder contacto coa realidade cotiá do municipio e, ao mesmo tempo, coñecer de primeira man as necesidades e demandas do tecido veciñal.

Así se viña facendo nos últimos encontros, que tiveran un obxectivo máis concreto e era contar coa veciñanza dos entornos urbán e rural á hora de determinar as obras a acometer no PAS e POS deste ano.

Na cita desta mañá, na que estaban unha decea de veciños escoitábanse pola edil, as demandas que se tiñan que plantexar xunto coas suxerencias, que xiraron fundamentalmente en torno a viais, mantemento, e melloras no local social.

Estes contactos, que xa van polas doce citas, son abertos a calquera tipo de inquedanza que queiran trasladar os veciños e veciñas e serven tamén para ofrecerlles a información que podan demandar dos servicios que dende o Goberno Local se pon ó seu servizo.

A semana que ven, Montserrat García visitará ós veciños da Cal da Velaiña, e na semana seguinte, a quenda será para San Pedro de Eume.

[/fusion_text][/fullwidth]