[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]RTVEume| A agrupación pontesa de Protección Civil conta con reforzos na súa dotación locomotriz para este inverno logo de que xa entrara en funcionamento a nova furgoneta pick up, que se suma ao máis específico vehículo esparcidor de sal.

A furgoneta todoterreo ven supoñer un novo vehículo de transporte sobre todo pensando no traslado de material e o seu acceso inmediato polos equipos mobilizados.

Canto ó esparcidor de sal dotaraos dunha ferramenta moi precisa nas zonas máis altas do Concello cando chegan os días máis desapacibles do inverno e que axudará á seguridade na circulación viaria.

O reforzo destes sistemas de emerxencia entregáronse a aqueles concellos que contaban cun maior número de actuacións e voluntarios, extremos nos que Protección Civil de As Pontes é unha referencia.

Agora, dende Protección Civil, estase á espera de contar cun espazo axeitado para destinar ó almacen de sal específico para botar nas estradas cando as xeadas ou as nevadas o fagan preciso.

[/fusion_text][/fullwidth]