]RTVEume| As Pontes volverá estar máis que representada este vindeiro domingo na coruña, na terceira edición da Carreira da Muller en contra do cancro de mama. E é que, da man do clube Olympo, volvíase lograr un gran éxito de inscricións, superando as 400 mulleres pontesas que, o vindeiro día 20, estarán percorrendo as rúas da Coruña por unha moi boa causa.

Cifras de record moi semellantes ás do ano pasado onde se lograron as 435 inscritas e que volven deixar a As Pontes no lugar máis alto do podium da solidaridade e a colaboura cidadá, para loitar contra unha lacra como é o cancro de mama.

Como é habitual o clube Olympo vai desenvolver unha reunión informativa para as mulleres que o domingo vaian nos autocares fletados polo Concello e tamén para aquelas que vaian pola súa propia conta, para marcar un punto de reunión xa na Coruña e alí facer unha foto de grupo.

Esta reunión será mañá mércores, no pavillón polideportivo do Moncho Valcarce ás 9 da noite e xa o venres á tarde, e mailo sábado á mañá, como é habitual será posible pasarse por opticalia callao para recoller as camisetas da proba, os dorsais e os agasallos cos que, cada ano, a organización desta cita deportiva agradece a participación de tantas mulleres. De feito, este ano 6000 mulleres de toda Galicia participarán neste evento.

Como novidade, todas as corredoras contarán cun mesmo número principal de dorsal 016, o teléfono de atención ás vítimas da violencia de xénero aínda que, a maiores, como é habitual cada corredora contará cun número de inscrición propio.

No tocante ao percorrido, a saída será semellante ao do pasado ano, no paseo do Parrote a carón do porto deportivo da Coruña. 5,2 quilómetros de percorrido urbano, accesible tanto a corredoras ocasionais coma para grandes competidoras, ademáis de para aquelas mulleres de todas as idades que desexen ir camiñando.

Todos os detalles sobre esta proba e horarios tamén serán abordados na reunión que mañá, ás 9 da noite, terá lugar no pavillón do Moncho Valcarce, encontro do que por suposto tamén lles daremos conta en vindeiros espazos informativos.