As Pontes, 30 de novembro de 2021. O Concello das Pontes informa de que xa está aberto o prazo para inscribirse na Campaña de Neve 2022, organizada pola Deputación da Coruña, que este ano se levará a cabo na estación Valgrande-Pajares (Asturias)

A campaña está dirixida a rapaces e rapazas, empadroados nas Pontes, con idades
comprendidas entre o 11 e os 15 anos (cumpridos a 31 de decembro de 2021), tendo
preferencia a rapazada que non participase en ningunha campaña da neve da
Deputación.

Os nenos/as ponteses/as participarán na sexta quenda, que se desenvolverá entre os días 18 e 21 de febreiro de 2022.

As persoas interesadas en participar nesta campaña poden inscribirse, ata o día 14 de decembro,  na primeira planta da casa consistorial.

A cota de inscrición é de 85 euros, que se abonarán posteriormente tras a confirmación das sete prazas dispoñibles para o concello.

Máis información nos números de teléfono: 981 45 26 02 – 634 671 968

Díptico informativo e ficha de inscrición