As Pontes, 21 de outubro| SAÍDA MICOLÓXICA AO MONTE O LUNS 31 DE OUTUBRO. A partir do venres 21 de outubro podedes inscribiros para a saída micolóxica.
O Obxectivo desta saída e coñecer distintos hábitats e os fungos que se dan neles. As inscricións serán dende o 21 ao 28 de outubro no teléfono 981 44 03 44 ou no Dpto de Cultura da Casa Dopeso (R/ Rosalía de Castro, Nº 28 – 1º)

  • Prezo: 5 € (data límite de pago: o 28 de outubro)
  • Horario e lugar de saída: 8:00h · Auditorio M. Cine Alovi
  • Duración aproximada: 3-4 horas

RECOMENDACIÓNS
– Levar roupa de auga.- Botas de goma ou impermeables.
– Cesta para apañar cogomelos / Navalla ou coitelo pequeno.
– Libreta para tomar notas.
– Cámara de fotos ou teléfono que teña cámara.

A saída estará dirixida por Antonio Díaz Calvo e José Luis Cuba, e coa colaboración do Clube de montaña O Caxado.
O mesmo día 31 ás 17:00 clasificarase o material recollido no baixo do Mercado de Abastos