Presentación de INVISIBLES, con Montse Fajardo

107

As Pontes, 12 de marzo| “Invisibles recolle sete relatos reiais de maltrato cos que se pretende poñer foco non só na invisibilidade das mulleres que son vítimas, senón tamén na onda expansiva que provoca o maltrato, afectando directamente á descendencia da parella. Tamén pretende acabar coa invisibilidade dos maltratadores.

Eva, Mariluz, Tina, Ana, Irene, Marga, Begoña, as protagonistas dos relatos reais deste libro son as protagonistas dos relatos reais deste libro, son unha parte de nós, dunha sociedade que segue a ollar cara outro lado, dunha estructura patriarcal que segue a pensar que estas cousas deben quedar na intimidade das casa. Son as voces que entenden que a violencia-física, verbal, emocional- que as súas parellas exerceron sobre elas non é unha cuestión persoal nin doméstica, é un delito que debe ser denunciado”.

Xoves, 15 de marzo ás 19:30 horas na Biblioreca Enrique Rivera Rouco.