O Concello de As Pontes rexeita a interpretación legal da sentencia “La Manada”

272

As Pontes, 9 de maio de 2018. A corporación municipal de As Pontes aprobou, por unanimidade, durante a celebración do pleno ordinario, unha declaración institucional na que amosa o seu apoio incondicional á vítima e rexeitamento á interpretación legal exposta na sentencia da Audiencia de Navarra por entender que minimiza os feitos e por poñer o foco de atención no comportamento da vítima, criminalizandoa.

O pleno municipal do Concello de As Pontes acordou solicitar ás Cortes reformas lexislativas que doten ó sistema xudicial dos mecanismos necesarios para a protección da muller e para equiparar, normativamente, a ausencia de consentimento nos delitos contra a libedade e indemnidade sexual.

A corporación tamén acordou instar ó Goberno a introducir formación desde a perspectiva de xénero no ámbito da Xustiza e do corpos de Seguridade do Estado; e refrendou o compromiso do Concello de As Pontes coa igualdade, co traballo para erradicar a discriminación contra as mulleres e a tolerancia cero contra as violencias machistas.

Ordenanza reguladora das axudas de emerxencia social

Por outra banda, a corporación municipal aprobou, por unanimidade, a proposta inicial da
nova ordenanza reguladora das axudas de emerxencia social. Unha normativa que se adaptará ás circunstancias sociais e económicas actuais así como ás necesidades do municipio.

As axudas de emerxencia e necesidade social terán un carácter extraordinario e puntual e
estarán destinadas a atender situacións de urxencia sobrevidas que afectan a veciños, de xeito individual, ou a familias da vila que non dispoñen dos insuficientes para facer fronte a gastos, de carácter ordinario e extraordinario. O obxectivos destas axudas é previr, evitar e paliar posibles situacións de exclusión social no termo municipal.

O pleno tamén acordou a apertura de prazo de información pública desta normativa e a súa
aprobación definitiva e publicación no BOP tras o período de consulta.