Información sobre os cortes de tráfico no Campionato de Galicia CRI 2019

159

As Pontes, 14 de maio| O vindeiro venres, 17 de maio de 2019, terá lugar, a partir das 10:00h, o Campionato de Galicia CRI Contra reloxo individual, organizado polo Club Ciclista As Pontes – Vilalba. Debido a isto, haberá cambios na circulación de vehículos. Cortarase a circulación na estrada AC – 861 desde o lago de As Pontes ata Espiñaredo. O desvío proposto:

Os Airíos

  • Dirección Ferrol Lugo
  • Dirección A Coruña, saída A8 na Vilabella.

Para máis información o telefóno de contacto é 722 351 913.

Queremos solicitarlle a súa colaboración e comprensión, así como pedirlles desculpas polas molestias que poida causarlles a organización do evento.