Este venres día 31 de maio terá lugar a Volta Ciclista á Provincia da Coruña, discorrendo polo Concello das Pontes a primeira etapa.

Por ese motivo estará pechada ao tráfico durante todo o día a Avenida de Castelao e a Avenida de Ortigueira dende o cruce coa Avenida de Vilalba ata a Capela do Carme.

Dende as 16:45 horas e ata as 18:00 horas estará restrinxido o paso nas seguintes vías: Rúa Casilla, Avenida das Veigas, Rego do Muíño, Avenida de Galicia, Praza do Hospital, Avenida de Castelao e Avenida de Ortigueira ata o Concello e a Rúa Ferrol.

Tamén estará prohibido o estacionamento na Rúa Ferrol, Avenida de Ortigueira e a Rúa do Concello.

Ao rematar a proba, a circulación volverá á súa normalidade.

Desculpen as molestias