Cursos de vela de verán no lago de As Pontes

202

As Pontes, 1 xuño| Xa está aberto o prazo de inscripción nos cursos de vela de verán do Club de Vela Fluvial As Pontes, que a partir do vindeiro luns 19 de xuño e durante os meses de xullo e agosto ata o 8 de setembro se impartirán no lago de As Pontes.

Como ven sendo habitual os cursos de vela estarán abertos a nenos/as a partir de 7 anos e adultos, que poderán aprender a navegar ou mellorar a súa técnica nas diferentes embarcacións que pon a disposición o club.
Os cursos volverán a desenvolverse no Lago de As Pontes, en quenda a escoller ben de mañá (10:00 a 14:00 hs.), ou ben de tarde (16:00 a 20:00).
Terán unha duración de 20 horas, repartidas semanalmente de luns a venres.
O importe dos cursos será de 66 € (50 € de matrícula + 16 € de licenza federativa que inclúe o seguro do alumno).
Optativamente, para quen o desexe, existe a posibilidade de facer unha segunda ou sucesivas semanas adicionais de curso a un prezo de 30 €.
Información e  inscripcións por calquera de estas tres vías:
– Correo electrónico: clubdevelafluvial[email protected]
– Teléfono:  639 608 128
– Caseta do Club de Vela Fluvial As Pontes no Lago de As Pontes.