Contacontos na ECOescola das Campeiras

141

As Pontes, 19 de marzo| A Capitana Gemola visita a ECOescola das Campeiras coa súa actividade “Ou reciclas ou lapotes!!”. Levaranse a cabo varios xogos e un contacontos para achegar a nenas e nenos a cultura da reciclaxe e do respeto ao medio ambiente. Ademais a Capitana Gemola agasallará ás pequenas e pequenos cun recordo feito de materiais reciclados.

Esta actividade está plantexada para nenas e nenos de entre 3 e 10 anos e terá lugar o sábado, 14 de abril ás 17:30 h. na ECOescola das Campeiras (duración aproximada 1 hora).

Apúntate!

Inscrición e máis información no 673 240 434 ou a través do correo [email protected]