Concurso de grelos da XXXIX edición da Feira do Grelo

333

As Pontes, 6 de febreiro de 2019O domingo 3 de marzo, celébrase a XXXIX edición da Feira do Grelo e, como cada ano, haberá o tradicional concurso de grelos.  

Para participar é preciso:

  1. Inscribirse, de 08:00 a 10:00 horas, o día da Feira,  no mercado municipal (Rúa Alexandre Bóveda).  A partir das 10:00 horas non se admitirán más participantes no concurso.
  2. Os grelos deben presentarse en cestas que conterán, como mínimo 10 madas. Esta condición é obrigatoria para poder concursar.
  3. Só se admitirá un concursante por unidade familiar e os concursantes deben ter un mínimo de 16 anos.
  4. O concurso rematará ás 11:00 h, comezando a esa hora a venda ao público dos grelos non premiados
  5. Premiaranse as seguintes categorías:
  • “Premios á calidade do grelo”
    • 1º premio: 300 €,
    • 2º premio: 250 €
    • 3º premio: 200 €.
  • “Tres accésits”
    • 60 € cada un
  • “Premio especial á cesta mellor adornada”
    • 1º premio: 300 €
    • 2º premio: 200 €
    • 3º premio: 100 €
  • “Premio Especial Alexandre Pérez Sindín”
    • Os gañadores daranse a coñecer o mesmo día da feira, unha vez rematado o concurso.

Máis información: Documento concurso de grelos da XXIX edición da Feira do Grelo