As Pontes, 7 de febreiro| O sábado 24 de febreiro, o novo disco do sempre inconformista Jairo Zabala, chega a As Pontes para mergullarnos nese universo tan especial que creou e que neste último traballo, alcanza a súa máxima coherencia e profundidade.
O concerto terá lugar no Auditorio Cinema Alovi a partir das 21:30 horas. As entradas anticipadas teñen un prezo de 10€ e poden adquirirse no despacho de billetes do Auditorio Alovi ou na casa Dopeso (de 09:00 h a 14:00 h).
Agora tamén poderanse mercar as entradas online a través da plataforma Ticketea, cun custe de 10 € máis gastos de xestión. Pódense mercar directamente desde a seguinte ligazón:

 

[ticketea_event_list id=”16725″]