As Pontes encherase de cultura urbana cunha nova edición do Freshquiño Jam

211

As Pontes, 13 agosto de 2018. As Pontes celebrará o sábado, 18 de agosto, na praza da Lembraza, a segunda edición do Fresquiño Jam, un festival de cultura urbana co que o goberno local quere achegar ós mozos da vila ás novas formas de cultura, deporte e manifestacións artísticas.

O festival, que comeza ás 12:00 horas e rematará sobre as 24:00 horas, de balde e aberto a todos os públicos, contará cunha ampla variedade de actividades entre as que destacan os obradoiros de parkour nos que os participantes poderán aprender a saltar obstáculos grazas á forza do seu corpo, talleres de beatbox para producir beats de batería, ritmos e sons musicais empregando só a boca, personalización de gorras trucker con logos, debuxos e mensaxes propias e talleres de turntablism dj para aprender a arranxar e crear música mediante efectos de son e a manipulación de discos de vinilo.

A programación deseñada polo Concello de As Pontes tamén inclúe unha competición de danzas urbanas Allstyle batle 2vs2 na que, por parellas, os participantes amosarán a súa destreza bailado hip hop, breakdance, funky, poppin o boogaloo. Tamén haberá un campionato de skate na modalidade street.

Por outra banda, están previstas diferentes exhibicións profesionais de breakdance da man de Break Inclán, de roller coa patinadora coruñesa Bomba Hache así como de grafitti.

Para todos aqueles que queiran achegarse a estas novas formas de cultura e deporte e poñelas en práctica haberá un Parkour Park móbil e SkatePark para uso libre, ademais dun espazo disposto cun equipo de son para micro libre, aberto para amosar a creatividade dos mozos e outro espazo con muro libre para realizar grafittis.

A xornada rematará co concerto de rap do grupo santiagués Comando Katana Erin e unha sesión de música con Dj Mil.