As Pontes, 24 de outubro de 2019.  A Feira de Fungos e Cogomelos, organizada polo Concello das Pontes, celebra esta fin de semana o seu trixésimo aniversario cun extenso programa de actividades, deseñado para todos os públicos, no que destacan as propostas gastronómicas e culturais.

A celebración comezará o venres, 25 de outubro, cunha saída micolóxica ao monte, organizada coa colaboración do Club de Montaña O Caxado e dirixida polo micólogo José Luis Cuba, co obxectivo de amosar ós participantes distintos hábitats e os fungos que viven neles.

A xornada do sábado terá o seu punto de inicio na entrega de premios do concurso “O mundo da micoloxía”, ás 11:30 horas, no patio do Colexio Santa María, que dará paso  ás 12:00 horas, na Praza da América á actuación do grupo musical infantil, Mamá Cabra, e a apertura da zona de fooktrucks no que os asistentes poderán gozar, durante toda a fin de semana, dunha ampla oferta gastronómica, de primeria calidade, elaboradas a partir de cogomelos e produtos locais. 

A partir das 13:00 horas, a carpa da música, situada na Praza de América, será o escenario dunha sesión vermú na que veciñanza e visitantes terán a oportunidade de bailar ao son da formación musical Las Antonias, que achegarán ata As Pontes unha actuación na que se misturan  diferentes estilos musicais co humor e cancións de toda a vida, nun espectáculo no que se busca a participación do público.

A xornada matutina terá o seu punto álxido ás 14:30 horas, coa actuación de Ortiga, un novo concepto de orquesta na que conviven os sons de Rubén Blades con Metallica, a orquesta Panorama ou Miami Sound Machine.

Xa pola tarde, a música cederá o protagonismo á cociña. Na Carpa Gastronómica, situada no patio do colexio  Santa María os cociñeiros Kike Piñeiro e Eloy Cancela do restaurante a Horta do Obradoiro e Diego López, chef de La Molinera, desde ás 17:00 ás 20:30 horas, dirixirán dous showcookings, abertos á participación do público, no que os fungos e os cogomelos serán os principais ingredientes en diferentes propostas culinarias.

A partir das 20:00 horas a música regresará á XXX Feira de Fungos e Cogomelos co Festival de Música Coral do Outono, no Auditorio Municipal Cine Alovi, no que participarán as corais Diapasón (Ferrol) San Roque (Vigo), Acordes (Bueu) e a Coral Endesa As Pontes.

Ás 20:30 horas a Praza de Amércia voltará a encherse de música co concerto de Natasia Zürcher que fará gozar aos asistentes cun repertorio baseado na música soul e rhythm & blues, dando paso ás 22:00 horas, ó concerto do grupo de folk-pop The Best Boy

As actividades programadas para o domingo comezarán ás 09:00 horas coa presentación das cestas participantes no concurso micolóxico  que estarán expostas durante toda a mañá na praza de abastos. O fallo do xurado coñecerase sobre as 11:45 horas e repartiranse 1.400 euros en premios.

Desde as 12:00 horas, os máis pequenos serán os protagonistas da Feira grazas o espectáculo de Uxía Lambona e a Banda Molona, un conxunto musical infantil que recolle os clásicos populares galegos cunha visión rock e desenfadada.

Xa ás 13:30, na Carpa da Música da Praza de América, haberá unha nova sesión vermú, nesta ocasión a cargo da formación The Sar Swing Quartes coa que veciños e visitantes retornarán ás décadas dos anos 20, 30 e 40. Ademáis durante toda a actuación os asistentes terán a oportunidade de aprender, cos grupos Swing Jazz Lugo e Compostela Swing, os pasos dos bailes daquelas décadas para poñelos en práctica ó longo da sesón vermú.

Durante a hora do xantar, ao igual que nas edicións anteriores, veciños e visitantes poderán probar un menú degustación, elaborado polo cociñeiro Antonio Díaz,  composto por dous pratos e unha sobremesa, no que os fungos e os cogomelos serán os ingredientes esenciais. O prezo do menú será de 12 euros, os tickets estarán á venda, a partir das 11:30 horas, na caseta de información da XXIX Feira de Fungos e Cogomelos (ata fin de existencias). O menú servirase de 12:30 a 15:30 horas na carpa instalada no Colexio de Santa María e tamén estará dispoñible para levar.

A cita micolóxica rematará, no Auditorio Municipal Cine Alovi, co espectáculo Monólogos interpretado por Carlos Blanco.

Actividades complementarias

Por outra banda, durante todo o fin de semana, na rúa Alexandre Bóveda instalaranse a mostra e puntos de venda de produtos ecolóxicos e naturais do outono que, este ano contará, de novo, coa presenza de vendedores da Feira Son do Campo, unha feira itinerante promovida por FADEMUR (Federación de Asociaciones de Mujeres Rurales) que se achegará ata As Pontes con postos de cogomelos, froitas e pratos cociñados.

Na Rúa Ramón Cabanillas haberá unha zona destinada á artesanía e alimentación, na que artesáns, chegados de diferentes puntos de Galicia, amosarán as súas pezas e na que o público poderá participar nun obradoiro dirixido pola Asociación Amigos da Madeira e un obradoiro de conservación de froita autótona a cargo de AFGA.

Ademais, os asistentes poderán visitar e facer pequenas compras no Mercado de Oportunidades Vila de As Pontes (MOVA) situado na Avenida da Coruña e que estará aberto  o sábado en horario de mañá, desde ás 10:00 ás 15:00 horas e, en horario vespertino desde ás 16:30 horas ás 19:00 horas e o domingo, de xeito ininterrompido, desde ás 10:00 ás 19:00 horas e no que se repartirán 600 euros en premios entre as persoas que realicen compras nos distintos establecementos participantes.

Asemande, durante a XXX Feira de Fungos e Cogomelos de As Pontes instalarase, na praza de abastos  a exposición “Especies Micolóxicas” na que se poderán contemplar, de 11:00 a 14:00 horas os exemplares recollidos na saída micolóxica do venres, 25 de outubro. 

E o sábado, no mesmo horario, a Casa Dopeso acollerá a mostra “ O mundo da micoloxía” na que se exporán os traballos escolares realizados polos alumnos do centros educativos da vila con motivo da cita gastronómica.