[one_full last=”yes” spacing=”yes” center_content=”no” hide_on_mobile=”no” background_color=”” background_image=”” background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding=”” margin_top=”” margin_bottom=”” animation_type=”” animation_direction=”” animation_speed=”0.1″ class=”” id=””][fusion_text]Un centenar de mozos e mozas participan xa das XXVII Acampadas Intermunicipais da Natureza que ano tras ano se celebran en Vilarbó. Sen as comodiades do fogar, as atencións dos seus pais e nais, e lonxe dos videoxogos, o grupo disfruta das múltiples posibilidades que ofrece esta área recreativa ubicada nunha ozna de grande beleza paisaxística, en plenas Fragas do Eume.

Son rapaces e rapazas chegados dende Ourense, Narón, Ferrol, A Coruña, o Barco de Valdeorras, Arteixo, Pontedeume, do Concello navarro de Viana e tamén das Pontes e que por diante teñen unha semana chea de actividades acuáticas, xogos tradicionais, predeportivos e alternativas, obradoiros de ecoloxía, inglés, artesanía e música. Actividades ás que se lles sumarán roteiros polo río, BTT e noites de troula, con acampada de río, incluída.

Esta mañá desenvolvíanse as primeiras actividades do Campamento Multiaventura, dirixido a mozos e mozas d entre 12 e 17 anos. Foi xornada de presentación para os obradoiros de música, prensa, creatividade, medioambiente, canoa e mudnoxogos, actividades que convidan aos mozos e mozas participantes a descubrir a natureza, e que contou coa visita do concelleiro José Alén .

E é que o Concello de As Pontes xunto coa Escola de Tempo e Aire Libre Néboa vólvense poñer á frotne destas acampadas nas que tamén colaboran Endesa, os Concellos de Arteixo, Pontedeume, Viana, O Barco de Valdeorras e o Club Galicia de Caranza.

Na semana das Festas do Carme non cesará a actividade en Vilarbó. De feito, a área recreativa recibirá nesa semana aos campistas Robinson, 75 nenas e nenos de entre 6 e 11 anos. Neste caso participarán de actividades acuáticas, canoa, e xogos acuáticos, introducción ao paintball, obradoiros de inglés, artesanía, pintura e debuxo. Para este grupo organizaranse tamén actividades orientadas ao coñecemento do entorno e conservacion das fragas e iniciaranse en deportes como o tiro con arco, e o hockei.

Son as cifras máis altas rexistradas nas Acampadas Intermunicipais na Natureza coa participación de 175 campistas en menos de 20 días, e aos que haberá que sumar tamén o campamento para persoas discapacitadas que se vai desenvolver no próximo mes de Agosto.[/fusion_text][/one_full]