[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]RTVEume| A concellería de Benestar Social de As Pontes vai colaborar, dende finais deste mes, coa Federación Galega de Alzheimer e Afal Ferrolterra, mediante unha serie de charlas dirixidas a abordar os coidados dun paciente aqueixado de alzheimer.

Baixo o título Xuntos nos Coidados, desenvolveranse un total de catro sesións de dúas horas de duración, nas que poderán participar todos os veciños que así o desexen aínda que o público principal serán os coidadores non profesionais, é dicir os familiares de persoas con algún tipo de demencia.

O curso, a desenvolver os días 23, 25 e 30 de novembro, ademáis do 2 de decembro, terá lugar na aula polivalente da Casa Dopeso, en horario de 10 a 12 da mañá e, durante o mesmo, abordaranse dende as diferentes demencias ata a súa sintomatoloxía, as terapias farmacolóxicas, a comunicación coa persoa afectada e o coidado do coidador.

E é que o obxectivo principal deste obradoiro pasa por facilitar as habilidades e coñecementos necesarios das persoas coidadoras para mellorar a súa calidade de vida no seu entorno habitual, fomentando a autonomía dos membros da familia, coa fin de reducir a carga de coida a unha persoa en situacións de dependencia, mellorando tamén o ambiente no que se atopa o coidador e a persoa enferma.

Xuntos nos coidados forma parte dun programa dunha vintena de charlas que se desenvolverán por concellos de toda Galicia e no que tamén se conta coa organización da Consellería de Traballo e Benestar.

É un programa totalmente gratuíto, sen límite de prazas e para o que chega con anotarse na xornada da primeira sesión, no departamento municipal de servizos sociais, levando o Documento Nacional de Identidade xa que, unha vez rematen estas charlas entregarase un diploma acreditativo.

Para obter máis información tamén é posible telefonar ao 981 44 10 08 de luns a venres, en horario de 8 a 3 da tarde.

[/fusion_text][imageframe lightbox=”yes” lightbox_image=”” style_type=”none” hover_type=”none” bordercolor=”” bordersize=”0px” borderradius=”0″ stylecolor=”” align=”center” link=”” linktarget=”_self” animation_type=”0″ animation_direction=”down” animation_speed=”0.1″ hide_on_mobile=”no” class=”” id=””] [/imageframe][/fullwidth]