[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]As Pontes, 16 de xuño| A Concelleira Montserrat García Chavarría, reuníuse hoxe con un grupo de afectados polos estragos do xabarín, e con membros da Asociación de cazadores A Venatoria, para intercambiar impresións e traballar na búsqueda de solucións para contribuir a paliar os efectos dos ataques da fauna salvaxe que están a sufrir.

Os veciños e veciñas trasladaban á edil a súa preocupación que vai en aumento paralelamente ó aumento na impunidade dos ataques de lobos, corzos, e especialmente xabaríns, contra as súas propiedades privadas e prantacións ou gando, segundo o caso.

Algúns dos afectados mesmo mostraron fotos e videos do estado en que acabaron as súas prantacións e prados tralo paso do xabarín, que corroboran os ataques constantes que están a sufrir, e que eles achacan principalmente o incontrolado número destes animáis que existen na zona da entulleira da mina.

A Xunta de Galicia anunciaba hoxe mesmo a autorización de 37.000 batidas, pero os afectados consideran que non é sufuciente con esta medida, porque eso non significa que se controle axeitadamente o censo de xabarín nin que se evite a súa incursión nas prantacións. Nesta xuntanza, que celebraban no salón de plenos do Concello, volvía constatarse o limitados que están para actuar tanto os cazadores como os veciños, así como a falla de compensacións para estes últimos. 

Montserrat García poñía de manifesto a preocupación existente e a necesidade urxente de acadar solucións nunha  zona na que as incidencias son xa constantes “Actualmente aquí estamos a sufrir unha praga, coa xente do campo véndose obrigada a renunciar mesmo a facer prantacións de patacas etc. diante da certeza que serán destrozadas polo xabarín. Parécenos unha situación insostible, e creemos que se deberían adoptar  medidas urxentes, xa sea subvencionando  a colocación de pastores , indemnizando os afectados, autorizando cupos de caza dependendo do censo de xabarín da zona etc,  e sobre todo  habilitar partida de indemnizacións, que por certo , sempre son limitadas e tardías. O campo non se pode permitir atravesar esta situación de indefensión, o que hai é que potencialo e poñelo en valor. Os veciños saben que contan con todo o noso apoio, e seguiremos a actuar en consecuencia e que se tome consciencia da gravidade do problema.

Falaremos cos alcaldes das localidades das comarcas veciñas nas que se produce esta situación, porque se ben no termo municipal pontés están a proliferar os incidentes, especialmente cos xabaríns, a zona afectada atinxe tamén a Concellos limítrofes.

Nos vindeiros días contactarase co resto de municipios veciños para adoptar unha postura común en aras de defender os intereses dos afectados que son todos aqueles que viven na zona rural.

[/fusion_text][fusion_code]PGNlbnRlcj48YSBkYXRhLWZsaWNrci1lbWJlZD0idHJ1ZSIgZGF0YS1oZWFkZXI9InRydWUiIGRhdGEtZm9vdGVyPSJ0cnVlIiAgaHJlZj0iaHR0cHM6Ly93d3cuZmxpY2tyLmNvbS9waG90b3MvY29uY2VsbG9kZWFzcG9udGVzL2FsYnVtcy83MjE1NzY2ODkzMzc1NzE5MCIgdGl0bGU9Ilh1bnRhbnphIHBvbG9zIGVzdHJhZ29zIGRvIHhhYmFyw61uIj48aW1nIHNyYz0iaHR0cHM6Ly9jNy5zdGF0aWNmbGlja3IuY29tLzgvNzM5OS8yNzExMDIyODY1NF83NDI3ZGY3MzlkX2MuanBnIiB3aWR0aD0iODAwIiBoZWlnaHQ9IjUzNCIgYWx0PSJYdW50YW56YSBwb2xvcyBlc3RyYWdvcyBkbyB4YWJhcsOtbiI+PC9hPjxzY3JpcHQgYXN5bmMgc3JjPSIvL2VtYmVkci5mbGlja3IuY29tL2Fzc2V0cy9jbGllbnQtY29kZS5qcyIgY2hhcnNldD0idXRmLTgiPjwvc2NyaXB0PjwvY2VudGVyPg==[/fusion_code][/fullwidth]