As Pontes, 10 de outubro| O vindeiro venres, 14 de outubro de 2016, está prevista unha xornada de portas abertas á Ecoescola As Campeiras (aula de reciclaxe) dirixida ao público en xeral e en horario de 11:00 a 14:00 horas. Neste horario haberá á disposición do público unha persoa para ensinar as instalacións, así como para resolver calquera dúbida e para informar do funcionamento das visitas guiadas que se están a organizar.

 Máis información: Aula da Reciclaxe