As Pontes, 23 de novembro| Xa temos data para o acto de encendido do alumeado do Nadal. Será o vindeiro 8 de decembro, polo que teremos iluminación específica para estas datas, por espazo un mes, xa que non se apagará ata o 8 de xaneiro.

O concello de As Pontes anunciaba xa que se colocarán arcadas de iluminación led, coma nos últimos anos nos edifícios do casco urbán e en Goente, Saa, Espiñaredo e O Paraño.

Asemade contratouse a unha empresa para distribuir todo o alumeado nas diferentes rúas urbás, o que se fará en horario de noite para tentar entorpecer o menos posible a circulación.

O acto do acendido vaise facer acompañado dunha mostra ao aire libre do que será o espectáculo estrela deste Nadal. O show de circo de Galtük.

Esta compañía circense internacional, de orixe galega, foi unha das sensacións da tempada, con longas residencias en Alemania, Italia, e ultimamente en Madrid.

Ata As Pontes chegarán co seu espectáculo de acrobacias de grande formato coa presentación do acendido do alumeado e logo ata tres sesións xa no Auditorio municipal Alovi nas que nos achegarán a historia dunha nena moi valente que deberá enfrontarse a grandes aventuras acompañada de divertidas personaxes que lle van axudar a atopar os xoguetes que lle desapareceran.

Xoguetes que logo se confunden con personaxes da súa maior paixón, o circo.

Galtük, un soño de Nadal, é un espectáculo familiar, axeitado para a diversión e a emoción e a públicos de todas as idades.

O día 8 haberá unha única función ás oito e media. Ó día seguinte, sábado 9,

xa haberá dúas sesión, ás catro e media e ás sete, e pechan o domingo 10 cos mesmos horarios nas dúas sesións.

De aquí, a compañía parte para Madrid, onde estará no Nuevo Apolo un mes. Agora veñen de rematar unha xira que os levou a México, Corea, China, Turquía, Alemania, Portugal, Guatemala, Honduras, Grecia e Francia.