As Pontes, 23 de novembro| Esta mañá instalábase o mosaico de Xaquín das Herbas no Barreiro.
Esta nova obra do proxecto As Pontes enPEZAS apostou por un mosaico composto por case un milleiro de fotografías que conforman a imaxe máis popular desta personaxe mítica de As Pontes.
Xurxo Guitián foi o autor desta obra que esta mañá quedaba instalada nunha marquesiña do bus no Poboado de O Barreiro.
Máis da metade das fotos que figuran neste mosaico xigante foron feitas na feira de fungos e cogomelos nun stand instalado ó efecto. O resto foron enviadas por todas as persoas que quixeron ceder a súa imaxe a este proxecto.
O mural ten a súa versión física co ubicado no Barreiro, e tamén está presente na rede, cun acceso por medio de internet, que nos permite empregar un cursor para identificar cada foto individualmente.
O artista, xogando coas luces e as sombras foi quen de dar forma a un Xaquín coa súa gorra, a súa vara e o seu caxado característicos.
Se se busca a foto propia atoparase en máis dun lugar, pois coas 808 fotografías empregadas formouse un mosaico de 2.809 teselas, de xeito que unha mesma foto pode estar ata catro veces.