]As Pontes, 29 de setembro| Volve “Café con libros” , unha actividade para dar a coñecer o noso fondo a posibles usuarios da biblitoeca. Cada mes facemos unha visita a un establecemento hosteleiro para compartir o café dos clientes cunha selección de libros do noso fondo. Elaboramos un boletín con recensións deses libros aos que se lles pode botar unha ollada no bar.

Comezaremos este mércores, 5 de outubro no Sete Camiños ¡agardámoste!