As Pontes, 30 de novembro de 2021. O Concello das Pontes informa de que xa está  aberto o prazo de presentación de solicitudes para a participación no Programa de Termalismo Social do IMSERSO para o ano 2022.

Os prazos para a presentación das mesmas son os seguintes:

  • Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 31 de decembro de 2021.
  • Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 15 de maio de 2022.

Así mesmo haberá un prazo para a súa inclusión na Lista de Espera de prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias:

  • Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 14 de maio de 2022.
  • Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 30 de outubro de 2022.

A adxudicación das prazas efectuarase de acordo coa puntuación obtida polos expedientes, tendo en conta os balnearios e quendas solicitadas.

Requisitos: Neste programa poden participar:

  • Todas as persoas pensionistas do sistema da Seguridade Social polos conceptos de xubilación e incapacidade permanente.

  • Todas as persoas pensionistas por outros conceptos ou perceptores de prestacións ou subsidios de desemprego, que teñan cumpridos os 60 anos.

  • Todas as persoas polo concepto de viudedade que teñan mais de 55 anos.

  • Ser persoa asegurada ou beneficiaria do Sistema da Seguridade Social, con sesenta e cinco ou mais anos de idade.

Outros requisitos para participar no programa son valerse por si mesmo/a para as actividades da vida diaria e non padecer alteracións de comportamento que impidan a convivencia nun centro residencial, nin enfermidade infecto contaxiosa.

A persoa solicitante pode ir acompañado polo cónxuxe, para o cal non se esixen os requisitos de pensión e idade.

Servizos que ofrece o programa:

  • Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en habitacións dobres de uso compartido.

  • Tratamentos termais básicos, que inclúen a prescrición do tratamento polo médico do balneario.

  • Realización de actividades de animación.

  • Póliza colectiva de seguro turístico.

Para máis información e formalizar as inscricións:

Departamento de Servizos Sociais, previa cita, chamando ao 981 44 10 08, en horario de mañá.